Blog Artesanía do Caurel

A historia de Lucía López Seoane é común á de moitas mozas e mozos que buscan o seu futuro guiándose polos sentimentos. Ela pasou por varias cidades e profesións até atopar o seu lugar en Santa Eufemia, no municipio de Folgoso do Courel.

Ela é Lucía, unha artesá da madeira que a base de creatividade consegue facer marabillas... Todas elas sempre cheas... De “agarimo”.

Emprender no rural é posible, atopamos un exemplo en Santa Eufemia, Folgoso do Courel. Lucía Seoane deixou Compostela para apostar por unha vida máis tranquila e tirar adiante cun proxecto relacionado coa artesanía personalizada que emprega a madeira autóctona como materia prima. Coñecemos a súa historia.

¡Artesanía EcoResponsable!

Neste 2021 propúxenme o importante que é para o futuro contribuir co medio ambiente, polo que ningunha peza do meu traballo vai conter plástico/productos corrosivos co medio ambiente.

Imaxinando cara o 2021

Deixar atrás un ano como o 2020 era complicado. E certo que Artesanía da Caurel afianzouse durante o ano pero deixar atrás os sentimentos atopados e a fonda pegada que deixou un ano terrible, era complicado. Había que renovar enerxías e encarar 2021 con folgos renovados.

Abrir chat